Spiaggia
Praia de Samil
Vigo · Pontevedra

A praia de Samil é un areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Navia, que conta cunha lonxitude aproximada tres quilómetros. Considerada a praia urbana por excelencia de Vigo e unha das máis coñecidas de Galicia, esténdese ao longo da costa atlántica ofrecendo vistas ás Illas Cíes, que actúan como barreira natural protexéndoa da forte ondada do océano. Limita coa praia do Tombo do Gato (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur. O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome das Queimadas. Este saínte rochoso natural serve de fito para a toponimia local. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares, recibe o nome da Foz, A Fox ou Cabo da Vella, unha zona de grande interese ecolóxico por ser un espazo de transición entre o ecosistema fluvial e o mariño. Máis aló da súa beleza natural, Samil é un dos grandes centros de lecer da cidade durante todo o ano. Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafetarías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe etc. O seu longo paseo marítimo, que percorre a praia de punta a punta, é un lugar de encontro para paseantes, corredores e ciclistas, mentres que as súas piscinas públicas de auga salgada, de acceso gratuíto, son unha alternativa ideal para as familias. A dotación de servizos complétase con postos de vixilancia e socorrismo, duchas e unha ampla oferta hostaleira, ademais de estar perfectamente comunicada co centro da cidade mediante varias liñas de autobús urbano (Vitrasa). Na praia de Samil celébrase anualmente o Festival Aéreo de Vigo.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Os Muíñosa 1.1 kmGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.