図書館

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela - Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais

Santiago de Compostela · A Coruña

Aínda non hai foto de Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela - Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.88963|-8.54390}}

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia. En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores. Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo). En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López. O 11 de marzo de 2026 Rosa Crujeiras Casais, catedrática de Estatística, foi elixida reitora da USC, tomando posesión ao mes seguinte, o 10 de abril; trátase da primeira muller en ser reitora da USC nos seus 531 anos de historia.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Biblioteca universitaria · Sucursal de biblioteca

所属 Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

地点の標高 ≈ 243 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Santiago de Compostela, a 1 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés, a 431 m

自治体の人口 100,842 (2025) · IGE

行き方

住所 Avda. Burgo das Nacións, s/n, Campus Universitario Norte

地図で見る公式サイトルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所