図書館

Biblioteca Pública Municipal de Abegondo

Abegondo · A Coruña · 1988

Biblioteca Pública Municipal de Abegondo, 図書館 en Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias. En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado. A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara ao sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre de Figueiroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII. En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña. O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Biblioteca pública · Biblioteca central

管理者 Concello de Abegondo

地点の標高 ≈ 142 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Abegondo, a 48 m

サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés, a 2.5 km

自治体の人口 5,631 (2025) · IGE

行き方

営業時間 Mo-Fr 09:00-13:30,17:30-20:00

車椅子 はい

住所 c/ San Marcos, 1

地図で見る公式サイトルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所