集団墓地

Campo de concentración de Padrón

Iria Flavia · Padrón · A Coruña · 1937

Campo de concentración de Padrón, 集団墓地 en Padrón

写真: mChuca · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Iria Flavia, Padrónのフランコ体制の強制収容所, 標高約 11 m, Caminho Português de Santiagoから128 m.

O campo de concentración de Padrón foi un dos campos de concentración do Franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado na parroquia de Iria Flavia (Padrón), estivo activo entre 1937 e 1940.

Historia

A edificación, que a principios do século XX fora unha fábrica dedicada á produción de azucre de remolacha, foi reconvertida en prisión polo bando sublevado na guerra civil española en novembro de 1937. O recinto carcerario estaba formado por varios edificios e terreos que abarcaban unha extensión de 5,98 hectáreas rodeados por un cercado de arame de espiño, e foi escollido de acordo á súa situación estratéxica, ó estar a carón dunha importante vía férrea, que ademais comunicaba co porto de Vilagarcía de Arousa. A capacidade recoñeocida do presidio era de 1 700 presos. Os prisioneiros, unha vez chegados, eran posteriormente enviados ós campos de concentración de Rianxo e Muros. O campo de concentración pasou por dúas etapas diferenciadas; a primeira, dende a súa posta en funcionamento ata finais do ano 1938, constituída por reclusos apresados trala caída de Asturias; e a segunda, a partir de febreiro de 1939, conformada por reclusos procedentes do campo de concentración de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza), capturados trala ofensiva de Cataluña. Ademais albergou presos galegos, especialmente procedentes da contorna de Santiago de Compostela. Pasaron polo centro de reclusión arredor de 3 000 prisioneiros. As condicións eran estritas e encargábanse da vixilancia arredor de oitenta soldados axudados por membros da Garda Civil. Algúns dos presos falecidos durante o seu cativerio foron soterrados no camposanto de Adina. Cesou a súa actividade o 2 de abril de 1940.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Campo de concentración · Centro penal

廃止 1940

地点の標高 ≈ 11 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Padrón、1.1 km

サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、128 m

自治体の人口 8,324 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所