チャペル

Capela da Misericordia de Viveiro

Viveiro · Lugo

Capela da Misericordia de Viveiro

A capela da Misericordia ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia. == Historia == A construción da capela débese ao donativo de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603: == Edificio == A capela é de estilo renacentista. Na fachada principal ten dúas portas e unha fiestra que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo acuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán. A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz. O altar maior foi proxectado polo escultor Juan Sarmiento, e está adicado á Ascensión da Nosa Señora. No altar do lado do evanxeo hai unha imaxe de Antonio de Padua, e no lado da epístola hai unha imaxe do Ecce Homo da Misericordia. == O Ecce-Homo da Misericordia == A imaxe do Ecce Homo situada no altar maior recibe culto en toda a comarca. Atribúenselle numerosas milagres, nas cales se fundou a devoción popular. O primeiro venres de marzo, coñecido como o "día das tres grazas", acoden os devotos axeonllados para pedirlle favores. == Confraría da Misericordia == A capela foi sede da extinta Confraría da Nosa Señora. Na actualidade existe a Confraría da Misericordia, que desde o 2007 participa na Semana Santa de Viveiro coa súa imaxe titular, o Ecce-Homo da Misericordia. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Donapétry Iribarnegaray, Juan (1953). Historia de Vivero y su Concejo. Viveiro: Artes Gráficas A. Santiago.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

行き方

車椅子 いいえ

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所