チャペル
アニマス礼拝堂
Santiago de Compostela · A Coruña · 1788
写真: Cosal · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostelaの宗教建築, 標高約 280 m, Camiño Francésから40 m.
A capela da Confraría Xeral de Ánimas é un templo situado en Santiago de Compostela. A súa construción comezou o 8 de abril de 1784, cos planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro e a dirección do mestre de obras Juan López Freire. Celebrouse a consagración do novo templo, posto baixo a advocación do Santísimo Cristo da Misericordia, o 31 de agosto de 1788.
Descrición
A fachada construíuse no cambio de século, cando a confraría puido comprar e demoler un bloque de casas que impedían o desenvolvemento e visión do frontis. Para a construción do edificio, a Confraría de Ánimas enviou varios proxectos á Academia de Belas Artes de San Fernando, para ser sometidos á censura do arquitecto Ventura Rodríguez. O plano elixido foi o de Ferro Caaveiro. O templo posúe unha tipoloxía de planta rectangular, con nave única, tres capelas laterais a cada lado e presbiterio con capela maior rectangular, máis estreita que a nave. Para as cubertas empregáronse bóvedas de canón nas capelas laterais e unha grandiosa bóveda de canón con lunetos, sostida sobre arcos faixóns, na nave da igrexa. O presbiterio tamén se cobre con bóveda de canón, empregando como elemento de engarce coa nave un vistoso arco triunfal cóncavo, moi propio da arquitectura do clasicismo barroco español de época de Carlos III. Este tipo de arco atópase, en exemplo, na capela do Palacio Real de Madrid.
Programa iconográfico
En canto ao concepto de altar e á formulación do programa iconográfico desenvolvido no seu conxunto, hai que dicir, que responde á advocación do Santo Cristo da Misericordia, á relixiosidade da confraría e ao cerimonial específico do Via Crucis, celebrado cada domingo pola tarde na Capela Xeral de Ánimas. Ideou este programa o arquitecto académico Melchor de Prado Mariño, co apoio dos confrades máis formados. A súa realización, entre 1803-1814, materializouse nunha serie de emotivos e catequizadores relevos en estuco veneciano policromado, modelados polo seu irmán Manuel de Prado Mariño, escultor de formación académica, tamén compostelán, que demostrou nesta empresa grandes calidades de escenógrafo. Con esta concepción, ligada á dos Via Crucis ou, máis ben, á escenografía franciscana das capelas dos Sacromontes europeos, rompe cos altares galegos de tradición barroca, presididos por retablos de madeira policromada. Os relevos das Ánimas desenvolven en relato evanxélico da Paixón do Señor, concentrando nun espazo único o itinerario devocional, místico e catequizante do Via Crucis dun Sacromonte. Nas capelas laterais e altar maior do templo despréganse as escenas da Flagelación, o Ecce Homo, o Camiño ao Calvario, o Alzamento na Cruz, a Crucifixión (altar maior), o Descendemento da Cruz, a Lamentación sobre Cristo morto, o Santo Enterro e a Resurrección do Señor.
Outros artigos
Peto de ánimas
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 礼拝堂
様式 Arquitectura neoclásica
奉献先 ánimas do purgatorio
作者 Miguel Ferro Caaveiro
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
屋根 瓦
壁 石
保護指定 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
地点の標高 ≈ 280 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Santiago de Compostela、362 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Francés、40 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
行き方
車椅子 いいえ
住所 Rúa das Casas Reais 7, Santiago de Compostela
バスで行く
- Rúa Nova595 m 先A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- Avda. de Xoán XXIII599 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII606 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。