チャペル

Capela de San Roque de Pontevedra

Pontevedra · 1861

Capela de San Roque de Pontevedra, チャペル en Pontevedra

写真: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Pontevedraの宗教建築, 標高約 13 m, Caminho Português de Santiagoから526 m.

A capela de San Roque é un edificio relixioso de culto católico, coa categoría de capela, situado no barrio da Moureira de Abaixo da cidade de Pontevedra, na rúa San Roque, moi preto do porto de Corvaceiras.

Historia

Foi a primeira igrexa dos Dominicos na cidade. Na Idade Media os pontevedreses xa levantaran unha capela no curso baixo do río Gafos para buscar o refuxio e protección de San Roque, moi preto do hospital de San Lázaro que acollía a enfermos infecciosos. A capela erixiuse inicialmente na contorna das Corvaceiras, preto do porto, como símbolo de protección contra os afectados pola peste que puidesen chegar de ultramar. Ao longo do tempo a capela sufriu diversos traslados, ata que en 1861 instalouse na súa localización actual. En 1901 a capela reformouse pasando a ter maior amplitude: dunha soa nave pasou a ter forma de cruceiro. En outubro de 1956 proxectouse a ampliación da capela coa construción dun novo volume transversal e esta reforma foi inaugurada o 16 de agosto de 1962. O 11 de agosto de 2017 a capela de San Roque estreou novas campás, copia exacta das anteriores de 1871.

Descrición

É unha capela de estilo neoclásico con engadidos románicos, de planta cadrada e unha soa nave. Parte dos restos románicos, como as columnas unidas de catro en catro formando tres ventás grandes, pertencen á igrexa do antigo mosteiro de Casteláns no municipio de Covelo, cuxas pedras, ao ser demolida, foron repartidas por diferentes lugares da provincia de Pontevedra. Na fachada lateral leste presenta pequenas columnas unidas en grupos de catro colocadas formando ventás e nas fachadas laterais e na cabeceira uns canzorros románicos dos que algúns foron engadidos imitando os antigos. Os temas dos canzorros son variados, entre eles nacelas, testas monstruosas, personaxes barbudos, decoración vexetal e xeométrica, cunchas de vieira ou figuras animais (oso, sapo). Na fachada principal sobresae o campanario. Nun dos laterais destaca a imaxe de San Roque. As portas de entrada da capela están coroadas por arcos escarzanos. A portada da fachada leste ten un grande óculo enriba da porta e remata nun frontón triangular. Rodeando a capela e a modo de atrio hai un sinxelo muro de pedra. O interior da capela está presidido polo altar maior de madeira policromada. Na parte superior hai un medallón coa inscrición "Ave María Purísima". Nun nicho no centro atópase a imaxe de San Roque, á dereita o Sagrado Corazón de Xesús e a Raíña da Paz cunha pomba na súa man dereita, e á esquerda a Virxe do Rosario e San Pedro. Nos brazos do cruceiro nos altares laterais á dereita atópase San Telmo. Á esquerda está a Dolorosa, a Virxe do Carme e San Sebastián, ao que a cidade tributa cada 20 de xaneiro desde 1515, o Voto da Cidade, por librala da peste. Toda a capela ten os teitos de cor branca como moitos templos portugueses.

Cultura

A imaxe de San Roque participa na procesión do Corpus Christi e percorre o barrio mariñeiro ao que dá nome, na procesión do 16 de agosto.

Outros artigos

Neoclasicismo Roque de Montpellier

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 礼拝堂

様式 Arquitectura neoclásica

奉献先 Roque de Montpellier

地点の標高 ≈ 13 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Pontevedra、696 m

サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、526 m

自治体の人口 83,339 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所