チャペル

Capela de Santo Amaro de Oira

Ourense

Capela de Santo Amaro de Oira, チャペル en Ourense

写真: Enciclopedia1993 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Ourenseの宗教施設, 標高約 104 m, Camiño Xabrésから812 m.

A capela de Santo Amaro é unha capela privada situada en Oira, na cidade de Ourense.

Historia

O couto de Oira, onde había unha ermida dedicada a santo Amaro, era xurisdición dos mosteiros de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela e de Oseira. Foi exclaustrado en 1835 por mor da desamortización de Mendizábal. A capela, situada nunha vivenda particular, atópase pechada durante todo o ano agás o 15 de xaneiro, día en que se celebra a festa en honra a Amaro o Peregrino.

Descrición

A capela, de reducidas dimensións e planta rectangular cunha única nave, posúe unha decoración austera. O elemento ornamental máis destacado é o retablo da Inmaculada Concepción do muro frontal da capela, sobre o altar. Este retablo, de autoría e data descoñecidas, consiste nun panel de madeira que cobre por completo o nicho en que está emprazado. De cores vivas, presenta fondo azul e as cabezas aladas debuxadas de catro serafíns. Preside o retablo unha imaxe da Inmaculada Concepción realizada en madeira cun acabado similar ao da talla da Virxe do Carme custodiada no peto de ánimas do século XIX situado nos xardíns das Burgas. A imaxe titular do retablo posúe dúas tallas de madeira de menor tamaño a ambos lados: unha de santo Antón Abade á esquerda e unha de San Amaro á dereita, tallada en madeira de amieiro segundo unha antiga canción popular. Esta última é a máis destacada, posto que é o santo que dá nome á capela. A súa festividade, a cal conta coa presenza de autoridades políticas, era anteriormente coñecida como a festa dos estudantes e as modistas. A capela presenta un avanzado estado de deterioración a consecuencia do elevado grao de humidade presente na zona. Canto aos demais elementos, destacan catro repisas situadas a ambos lados do retablo as cales presentan imaxes relixiosas en madeira policromada que, igual có templo no seu conxunto, atópanse considerabelmente deterioradas. Na repisa superior esquerda atópase unha diminuta estatua de Lucía de Siracusa; debaixo, unha imaxe mutilada de Bieito de Nursia. Na banda dereita sitúanse unha pequena talla de Bárbara de Nicomedia e, debaixo da mesma, un peto para esmola coa imaxe de Amaro o Peregrino. Sobre o nicho que alberga a Inmaculada Concepción atópase unha talla de Cristo crucificado. Porén, ten a particularidade de carecer de cruz, polo que está colocada directamente sobre a parede.

Santo Amaro de Oira

Santo Amaro de Oira é o protagonista dunha das cantigas recompiladas por José Casal Lois na súa Colección de cantares gallegos, a cal satiriza o santo: Do mesmo xeito, tamén aparece nun poema de Valentín Lamas Carvajal e en obras de Emilia Pardo Bazán e Jose Ángel Valente.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 礼拝堂

地点の標高 ≈ 104 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Ourense、1.6 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés、812 m

自治体の人口 105,609 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所