チャペル

Capela do Hospital Real de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Capela do Hospital Real de Santiago de Compostela

O Hospital Real de Santiago, tamén coñecido como Grande Hospital Real de Santiago e, nos últimos tempos, como Hospital Xeral de Santiago, ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno hospital. Os peregrinos, ao presentaren a compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos ou seren asilos para os pobres. A palabra hospital deriva da latina hospes, que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de hospes pasou a hospitalia, para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de hospitalia derivou hospital. Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un Real Padroádego en 1499, que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do Reino de Granada.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所