チャペル
Capela do Nazareno
Pontevedra · 1400
写真: Pvibahu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pontevedraの宗教建築, 標高約 20 m, Caminho Português de Santiagoから101 m.
A Capela do Nazareno é un edificio relixioso de culto católico, coa categoría de capela, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa Duque de Tetuán, en fronte do Teatro Principal.
Historia
A capela ten as súas orixes no século XIV. Crese que pertenceu á igrexa parroquial de San Bartolomeu o Vello, que estaba neste lugar, ocupando o espazo do actual Teatro Principal. Outra teoría é que podería pertencer ao pazo dos Mendiño, xa que a torre medieval estaba situada xusto á beira. Na construción aínda hoxe nótanse os grandes perpiaños da vella torre. Do outro lado da capela abríase unha rúa, hoxe tapiada por unha casa con balcón. A capela existente nos seus inicios neste lugar no século XIV denominábase Capela das Emparedadas. Era chamada así por recluírse nela algunhas devotas que tras a súa entrada selaban a porta con tapias salvo unha pequena rañura pola que se lle administraban os sacramentos e os alimentos. Esa rúa xa recibía segundo o profesor Xosé Filgueira Valverde a denominación de rúa das Emparedadas a mediados do século XIII. O culto a Xesús Nazareno conta con máis de 100 anos de historia na cidade de Pontevedra. Non se coñece exactamente o momento no que empezou, pero a principios do século XX a rúa Duque de Tetuán na que se localiza a capela chamábase rúa de Xesús Nazareno e a capela xa recibía entón miles de devotos.
Descrición
A capela, que se cre que foi a antiga sancristía do desaparecido templo de San Bartolomeu O Vello, xa foi citada varias veces a finais da Idade Media como unha pequena construción que tiña na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe. É unha capela de pequenas dimensións e está encostada a outras construcións polas paredes testeiras. Os muros son de perpiaño de granito e a cuberta de madeira e tella galega. A porta de acceso, situada no lateral sur, é de arco rebaixado. Con posterioridade labráronse orelleiras inferiores e superiores para adaptala á moda barroca, pois a capela é de orixe medieval. Á beira da porta hai unha troneira. A capela ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe en pedra da Virxe. Conta cunha gran devoción e é moi visitada o día do Nazareno para pedirlle as tres grazas: saúde, traballo e amor. O primeiro venres de marzo é o único día en que se abre esta capela. O resto do ano só pódese invocar ao Nazareno desde o exterior, a través da porta enreixada. No interior atópase un retablo barroco cego de tres partes, estando no centro a imaxe de Xesús Nazareno e nas laterais dúas imaxes da Virxe do Neno. Tamén hai unha imaxe da Virxe das Dores. A imaxe do Nazareno a cuxo culto está dedicada procede de Madrid. Nos conventos de San Francisco e Santa Clara da cidade tamén se gardan imaxes do Nazareno que se veneran en Pontevedra.
Outros artigos
Arquitectura do Barroco Xesús de Nazaret
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 礼拝堂
様式 Arquitectura barroca
奉献先 カトリック
別名 Capela das Emparedadas
地点の標高 ≈ 20 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Pontevedra、252 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、101 m
自治体の人口 83,339 (2025) · IGE
行き方
住所 Rúa Duque de Tetuán, 4
バスで行く
- Ponte do Burgo (praza de abastos)288 m 先PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Avda. de Uruguay309 m 先A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)322 m 先A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。