城
Castelo de Andrade
Nogueirosa · Pontedeume · A Coruña
写真: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Nogueirosa, Pontedeumeの中世の要塞, 標高約 296 m, Camiño Inglésから2.9 km.
Non confundir co Torreón dos Andrade, tamén en Pontedeume. Non confundir co Castelo dos Andrade de Vilalba, Lugo. O castelo de Andrade, tamén coñecido como fortaleza da Nogueirosa, é un castelo medieval, tamén coñecido en tempos como "Castelo da Fame". Desde a súa orixe estivo moi vinculado á poderosa familia dos Andrade. Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior.
Situación
Sitúase sobre un pequeno promontorio rochoso no lugar do Castelo, parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume.
Historia
Xa desde a súa orixe foi fonte de disputas. Mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, atopou a oposición do prior do mosteiro de Sobrado dos Monxes frei Esteban de Seixas, quen se negaba a súa construción e que incluso conseguiu paralizar as obras por un tempo. Pero o conde de Andrade, valido de Henrique II de Trastámara e de quen obtivera o territorio, rematou impoñéndose na disputa e a construción levouse a cabo. A maioría do conxunto conservado é o resultado das obras comezadas no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza, probablemente do século XIII. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade. Trala súa destrución no ano 1467 a causa das revoltas irmandiñas tivo que ser practicamente reedificado. Poucos anos despois, en 1486, foi un dos corenta e seis castelos aos que os Reis Católicos ordenaron o seu desmochado. No século XIX foi obxecto dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba.
Descrición
Trátase dun castelo de reducidas dimensións construído sobre a rocha viva da Pena Leboreira. Unha porta con arco de medio punto permite o acceso ao patio de armas a través dun paso abovedado. O patio de armas ocupa 140 m² polos 100 m² da torre da homenaxe. A torre divídese en tres plantas, alcanza unha altura de 20 metros e os seus muros teñen un grosor medio de dous metros e medio. Na primeira planta ábrense ao exterior estreitas seteiras de sección trapezoidal e baixo algunha delas pódense observar cazoletas empregadas para a recollida da auga da choiva. A segunda planta ábrese con ventás con arcos de medio punto conformando no interior estreitos parladoiros. Na terceira planta consérvase unha ventá xeminada que perdeu o parteluz. O castelo foi construído nun dos pasos de acceso á desenvocadura do río Eume, desde o seu alto domínase a vila dos Andrade.
Galería de imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Castelo · Monumento
別名 Fortaleza da Nogueirosa · Andrade, Castelo de
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 296 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Pontedeume、3.4 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、2.9 km
自治体の人口 7,428 (2025) · IGE
行き方
営業時間 Mo-Su 11:00-14:00, 16:30-19:30
電話 +34 981430270
バスで行く
- LAMEIRA680 m 先Centro salud Pontedeume-Doroña · CENTRO SALUD PONTEDEUME-DOROÑA
- CABRIA VELLA1.1 km 先CEIP Couceiro Freijomil-Cabría Nova · CEIP Couceiro Freijomil-Cabría Nova
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
.jpg?width=400)