浜
Praia da Madanela
San Martiño do Porto · Cabanas · A Coruña
写真: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
スペインのビーチ, Camiño Inglésから72 m.
A praia da Madalena é un areal situado no concello de Cabanas no peche á ría de Ares limitando co concello de Pontedeume, na desembocadura do río Eume. O areal de area branca e fina forma xunto co río Eume e o piñeiral un espazo natural no fondo da ría de Ares. A praia non ten Bandeira Azul, pero si tódolos servizos nun paseo peonil. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Sendo unha praia urbana de moi alta ocupación pola súa proximidade a Pontedeume. Dende os anos sesenta sufriu unha grande presión urbanística e de crecemento descontrolado habendo vivendas de todo tipo pola zona. Desde casas unifamiliares a edificios de apartamentos e vivendas residenciais. Dende inicios do século XX o concello de Cabanas tentou poñer orde na zona prohibindo o acceso de vehículos ao monte de piñeiros da praia e limitando o acceso ao mesmo. Construíuse un paseo peonil pola estrada que bordea os piñeiros. Na propia praia existen locais de hostalería e un club náutico. Instalacións para a práctica de deportes de vela e fondeadoiro de embarcacións. Na praia hai un campo de fútbol. Como accesos á praia hai ligazón directa á autoestrada AP-9 e a estación de Cabanas está preto.
Imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Praia de area branca · Praia urbana
長さ 200 m
標高 0 m
最寄りの町 Pontedeume、1.2 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、72 m
自治体の人口 3,273 (2025) · IGE
バスで行く
- CABANAS AREAL433 m 先IES Breamo-A Veiga
- Cabanas554 m 先Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (por AP-9 e Laraxe) · Ferrol-Fene-Pontedeume-AP-9-Santiago (por Laraxe) · Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume · As Pontes - Cabanas - Pontedeume · As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
- CABANAS AREAL555 m 先IES Breamo-A Veiga
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。