ヒルフォート

Castro da Coroa

Becerreá · Lugo

O castro da Coroa, tamén coñecido como castro de Ouselle, é un castro situado na parroquia de Ouselle, no concello lucense de Becerreá. == Localización == Atópase a menos de 500 metros da igrexa románica de San Cosme de Ouselle, e do núcleo rural de Ouselle, ao que debe o seu outro nome. Está no alto dun pequeno promontorio, rodeado de terras agrícolas e bosque, con trazas de asentamentos achegados como fontes, hórreos e edificios relixiosos. == Descrición == O castro pertence á Idade de Ferro, conserva un recinto de forma elíptica, rodeado por un parapeto de terra e lousa, acompañado por un foxo defensivo, con entrada por un único punto. Algúns investigadores cren que puido ter sido o asentamento principal do pobo prerromano dos zoelas, identificado co nome romano de Ocellum Gallaecorum, famoso polo seu liño, moi valorado en Roma. Estaba probablemente conectado pola Vía XIX romana, que unía Braga con Astorga. == Arqueoloxía == O relevo de Vilarín é unha peza arqueolóxica romana atopada en 1999 preto da aldea de Ouselle durante as obras de construción da autovía A‑6, no treito Agüeira‑O Cereixal. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所