ヒルフォート

Castro de Altamira

Brión · A Coruña

Castro de Altamira

O castro de Altamira é un castro situado na parroquia de Brión, no concello coruñés de Brión. Este foi o lugar no que logo se construíron as Torres de Altamira. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado no que é moi difícil afirmar con seguridade cales das estruturas visibles son da Idade de Ferro, dadas as modificacións realizadas en época posterior. Na Idade Media foi erguida sobre a súa croa unha fortaleza da que hoxe quedan as ruínas, reutilizando parte das defensas castrexas: esta fortaleza recibe habitualmente o nome de Torres de Altamira. No flanco norte consérvase parte dos antigos parapetos defensivos, no lugar no que foi aberto un camiño para dar acceso ao recinto. A súa localización ten lugar sobre un couto elevado que ten boas condicións naturais defensivas. Dous regatos rodean o recinto. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de bens culturaisArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. PXOM de Brión. Xuño do 2003.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所