ヒルフォート

Castro de Tembra

Brión · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Tembra

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.85278|-8.69722}}

O castro de Tembra é un castro situado na parroquia de Boullón, no concello coruñés de Brión.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado que se localiza nunha pronunciada aba dos Altos da Faboira, a uns 300 metros sobre o nivel do mar. A pendente do terreo é máis acusada no eixo norte-sur, onde o desnivel chega aos 10 metros. A parte máis elevada do recinto é a súa beira máis próxima ó cumio do sistema montañoso no que se encrava. Os desniveis máis acusados áchanse ó leste, ó sur e ó poñente. Na actualidade só é visible un dos parapetos defensivos, que está separado do recinto habitado por un foso de entre 5 e 7 metros de anchura. As dimensións do castro son de 100 metros no eixo norte-sur e 110 metros no eixo este-oeste.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所