ケルトの砦集落
Castro de Angrois
O Eixo · Santiago de Compostela · A Coruña
写真: Lua Galega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Sar, Santiago de Compostelaの防御集落, 標高約 247 m, Camiño Xabrésから166 m.
O castro de Angrois é un poboado fortificado situado en Angrois, parroquia de Sar, no concello de Santiago de Compostela. Tamén é coñecido co nome de castro de Santa Lucía. O seu código de catalogación na Dirección Xeral de Patrimonio é GA15078042. Está localizado no cumio dun outeiro, cunhas pendentes moi pronunciadas polo leste, oeste e sur e moito máis suaves polo norte. Isto orixina unhas defensas naturais notables, sendo a zona norte a máis vulnerable e o posible acceso. Aínda que no pasado parte do outeiro tivo unha explotación agrícola máis intensa, en tempos recentes é terreo de monte sendo a vexetación principal de toxos. É de propiedade particular e de varios propietarios distintos.[Cómpre referencia] Este castro ten un recinto central ao que se une un socalco setentrional. Este recinto, coñecido como a croa do castro, sitúase na parte máis alta do outeiro. Nesta zona aparecen numerosos afloramentos de rocha, polo que a potencia estratigráfica debe de ser escasa. Non ten estruturas defensivas visibles polos lados meridional, oriental e occidental, seguramente porque non o precisa. Porén, polo norte ten un terraplén bastante pronunciado que illa a croa do socalco inferior. Este socalco é bastante amplo e ten unha rampla de acceso frontal na liña defensiva do socalco exterior e na croa.[Cómpre referencia] O castro está fortemente rebaixado na zona sur por unha antiga canteira explotada principalmente para a construción da estrada N-525, mentres que a ladeira norte foi case totalmente destruída polas obras da autoestrada AP-9. Os traballos arqueolóxicos realizados ata o momento son, en xeral, escavacións e sondaxes de pequena extensión no contexto de traballos de control de obras públicas. Por exemplo, nos traballos da autoestrada fixéronse sondaxes para comprobar a calidade do material básico e a potencia estratigráfica do solo. Atopáronse materiais como tellas romanas, cerámica lisa de cor rosáceo e escoura de fundición. Durante as escavación no ano 2008 para a construción do AVE, encontráronse restos dunhas murallas cara a zona norte.[Cómpre referencia] Hai outro castro nas súas proximidades, o castro do Coto, situado no monte do Coto, na parroquia de Santa María de Marrozos.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 ケルトの砦集落
別名 O Castro
地点の標高 ≈ 247 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Os Tilos、1.5 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés、166 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
バスで行く
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)623 m 先Santiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I. -Penelas-Cibrán 1-S. X.De Sales-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Merín · Santiago E.I.-Trobe
- Santa Lucía649 m 先Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I.
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)652 m 先Santiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · Ponte Ledesma-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。