ヒルフォート

Castro de Lourido

Viveiro · Lugo

O castro de Lourido é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado do cal se conserva só un reducido sector de muralla polo lado sueste. A muralla ten unha altura considerable e completa a estrutura defensiva un foxo paralelo á muralla. O sector noroeste do recinto deféndese de forma natural pola pendente sobre o río Landro. O lugar atópase moi alterado a causa da súa utilización como canteira. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo === Ligazóns externas === Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所