著名な木

Souto da Retorta

Chavín · Viveiro · Lugo · 2000

Souto da Retorta, 著名な木 en Viveiro

写真: RodrigoRega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Chavín (Viveiro, Lugo)の著名な木, 標高約 46 m, Viveiroから5.3 km.

O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín. A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos. Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros. Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro. O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Bosque · Monumento natural

面積 3 m²

地点の標高 ≈ 46 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Viveiro、5.3 km

自治体の人口 15,091 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所