ネクロポリス
Chan de Castiñeiras
Vilaboa · Pontevedra
写真: Noelia Infante · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Vilaboa, Pontevedraのネクロポリス, 標高約 421 m, Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiñoから83 m.
O conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras ou conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras é un dos campos de mámoas máis importantes de Galiza. Atópase nas inmediacións do Parque de Cotorredondo e da Lagoa de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín, na provincia de Pontevedra. Forma parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Estas manifestacións, ás que se lle atribúe unha función funeraria, xurdiron durante o Neolítico e a Idade do Cobre ou Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea. Entre todos eles destaca a coñecida como Mámoa do Rei, de grandes dimensións. Trátase dun dolmen de cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. Durante a escavación desta mámoa polo equipo dirixido por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse numerosos restos recollidos por Antonio de la Peña. Foi restaurado e reconstruído en 2003. Completan o conxunto outros oito dolmens, en diferentes estados de conservación, construídos tamén arredor do ano 3.000 a. C., e situados na contorna do lago de Castiñeiras.
Outros exemplos
No mesmo concello descubríronse túmulos funerarios nas parroquias de Figueirido e Vilaboa. Tamén no concello de Marín, que comparte este conxunto megalítico, existen outros dolmens en bo estado de conservación. Entre elas, as situadas en Chan da Armada, en Santo Tomé de Piñeiro; Chan da Lagoa, en San Xián de Marín; e Pastoriza, en Ardán.
Outros artigos
Arte prehistórica Arte esquemática ibérica Arte rupestre de Terras de Pontevedra
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
時代 先史
種別 巨石建造物
別名 Mámoa do Rei
地点の標高 ≈ 421 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Marín、4.5 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño、83 m
自治体の人口 5,860 (2025) · IGE
バスで行く
- A Graña986 m 先CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI do Toural-Cabanas (N-550) · CPI do Toural-Cabanas (N-550)
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
