Monte Faro de Domaio

Moaña · Pontevedra · 636 m

Monte Faro de Domaio

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 628,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste. O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións. No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara ao leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica. Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal. O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión. No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Chan da Arquiña Domaio, Moaña === Ligazóns externas === Vista e localización do Monte Faro de Domaio Datos do vértice xeodésico, IGN

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所