博物館

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Pontevedra · 2013

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, 博物館 en Pontevedra

写真: Cojvgpt · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Pontevedraの博物館, 標高約 11 m, Caminho Português de Santiagoから154 m.

O Edificio Castelao é un edificio de arquitectura moderna de principios do século XXI situado na esquina da rúa Padre Amoedo Carballo coa rúa Serra en Pontevedra, no límite do centro histórico. Pertence ao Museo de Pontevedra.

Historia

O 2 de maio de 2003 durante a inauguración da ampliación do edificio Fernández López do museo de Pontevedra o seu director anunciou que se construiría un novo edificio do museo entre as rúas Cobián Roffignac e Serra. O edificio foi construído entre 2004 e 2008 segundo un proxecto dos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui para paliar a falta de espazo expositivo do Museo de Pontevedra. Está situado no soar da antiga horta do Colexio dos Xesuítas da cidade, detrás do colexio destes e da igrexa de San Bartolomeu. O edificio foi financiado pola Deputación de Pontevedra, o Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra. O proxecto supuxo a creación dunha nova rúa peonil entre as ruas Padre Amoedo e Arcos de San Bartolomé. O espazo de exposición temporal inaugurouse en xullo de 2008 coa Bienal de Arte dedicada ao Magreb. Tras a posta en marcha da museografía, o edificio inaugurouse o 4 de xaneiro de 2013. O 2 de decembro de 2021 foi bautizado como Edificio Castelao, en honra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos fundadores do Museo de Pontevedra.

Descrición

O edificio ten unha superficie de 10.000 metros cadrados e consta de tres plantas e unha planta baixa. Conta con 23 salas de exposición permanente, con obras maioritariamente pictóricas, que mostran a evolución da arte galega desde o gótico ata a actualidade, así como manifestacións artísticas doutras rexións de España desde a época de Goya ata mediados do século XX. Tres das salas están dedicadas a Castelao e tamén hai un amplo espazo para a rica colección de pintura española de pintores como Goya, Fortuny, Rusiñol e Vázquez Díaz, e para a arte galega cunha ampla representación de renovadores como Maside, Torres, Souto, Colmeiro e Laxeiro. O edificio conta tamén con salas de exposicións temporais, un auditorio, unha cafetería e espazos para obradoiros. Ademais, na súa planta soto, pódese ver un tramo de 50 metros dos restos das antigas murallas de Pontevedra, integrado no edificio. A característica máis notable do edificio é a súa luminosidade. Está construído ao redor de dúas estruturas rectangulares conectadas por pasarelas de cristal. O interior combina o formigón branco na estrutura con chans de granito e madeira branqueada nas salas. O módulo sur, máis pequeno, está acristalado para darlle lixeireza e facilitar a transición ao edificio Sarmiento do museo, ao que está conectado por dúas pasarelas de cristal a media altura. A estrutura norte, máis impoñente e hermética, ten paredes exteriores de granito e paneis de cristal lonxitudinais de seguridade que permiten a entrada de luz natural desde a parte superior das salas e funcionan como xanelas cenitais.

Outros artigos

Museo de Pontevedra

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Museo de arte · Monumento

作者 Eduardo Pesquera González · Jesús Ulargui Agurruza

創建者 Deputación de Pontevedra

名称の由来 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

所属 Museo de Pontevedra

面積 1 ha

開設 2013

地点の標高 ≈ 11 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Pontevedra、216 m

サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、154 m

自治体の人口 83,339 (2025) · IGE

出典 (2025)

行き方

営業時間 Mo off · Tu-Sa 10:00-21:00 · Su 11:00-14:00

入場料 無料

車椅子 はい

電話 +34 986 80 41 00

住所 Calle Padre Amoedo, 3

地図で見るウィキペディアで読む公式サイトルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所