高床式穀倉(オレオ)

Hórrea do Toural

Vilaboa · Pontevedra

Hórrea do Toural, 高床式穀倉(オレオ) en Vilaboa

写真: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Vilaboa, Pontevedraの高床式穀倉(オレオ), 標高約 39 m, Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiñoから979 m.

O hórreo da casa reitoral da parroquia de Vilaboa, situado no lugar do Toural, é o meirande hórreo do concello de Vilaboa (seguido de preto pola paneira de Cobres) e, asemade, é a segunda “hórrea” de cantería sobre esteos de maior tamaño de toda Galicia logo da do mosteiro de San Xoán de Poio. Áchase dentro dun exclusivo grupo de hórreos alongados e moi anchos de ampla coxía sustentados por tríos de pés, cepas transversais ou celeiros denominados “hórreas”. Tipoloxicamente trátase dunha construción de pedra similar ao clásico hórreo tipo Morrazo.

Descrición

Data do século XVIII e posúe 36 pés organizados en tres fileiras de 12 pés, 33 vans, un corpo feito exclusivamente con pedra, unha única porta de acceso no lado oeste con frontispicio ou pinche do penal, que a diferencia doutros edificios similares, e mais unha cuberta a dúas augas de tellas árabes cerámicas soportada por seis rexas tesoiras de castiñeiro. Os esteos están rematados en tornarratos troncocónicos, o piso da cámara aparece composto por longos perpiaños, todo o perímetro da mesma áchase embelecido cunha cornixa superior de granito, e os pinchóns das fachadas están aireados por tres postes biselados lixeiramente separados, tal e como fan as pedras caladas que ventilan os costados. Ten 17,3 metros de longura, 3,4 de anchura, 4 de altura (2 na cámara) e 58,82 metros cadrados de superficie. Na fachada norte destacan dúas faces riseiras. En decembro do 2012, logo dun forte trebón, as podres trabes da fachada sur cederon, levando consigo o teito da metade do hórreo, tirando varias pilastras da parede leste e movendo as pezas de cantería da cámara. O Concello de Vilaboa contactou coa arquidiocese de Santiago de Compostela, e en 2014 comezaron as obras de restauración.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Hórreo

屋根 切妻造 · 高床の柱の上

地点の標高 ≈ 39 m · Terrain Tiles

最寄りの町 A Calle、3.2 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño、979 m

自治体の人口 5,860 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所