モニュメント
オスタル・ドス・レイス・カトリコス
Santiago de Compostela · A Coruña · 1511
写真: Angel Torres · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela, A Coruñaのモニュメント, 標高約 258 m, Caminho Português de Santiagoから45 m.
O Hospital Real de Santiago, tamén coñecido como Grande Hospital Real de Santiago e, nos últimos tempos, como Hospital Xeral de Santiago, ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno hospital. Os peregrinos, ao presentaren a compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos ou seren asilos para os pobres. A palabra hospital deriva da latina hospes, que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de hospes pasou a hospitalia, para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de hospitalia derivou hospital. Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un Real Padroádego en 1499, que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do Reino de Granada.
Contexto
Atención aos necesitados na Antigüidade e na Idade Media
Na Idade Antiga e na Idade Media non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben arredor de fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente cristián coma no mundo musulmán. Na idade de ouro da civilización islámica medieval apareceron os Bimaristan, que están considerados como os primeiros hospitais, no sentido moderno do termo. Eran establecementos onde o mal se acollía con beneplácito; os acollidos neles estaban a cargo de persoal cualificado. Polo tanto, os médicos musulmáns medievais foron os primeiros en faceren unha distinción entre un hospital e os diferentes tipos de institucións como os templos de curación, os templos do sono, os hospicios, os asilos ou os lazaretos para leprosos (leprosarías) que, na antigüidade, servía máis ben para illar os enfermos e os tolos da sociedade, "en lugar de ofrecerlles esperanza dunha curación real". Os Bimaristans medievais, polo tanto, considéranse como os primeiros hospitais no sentido moderno da palabra. Os primeiros hospitais públicos, os primeiros hospitais psiquiátricos, as escolas de medicina e as universidades tamén foron introducidas polos médicos musulmáns medievais. Na Idade Media, a partir do século XI, os edificios hospitalarios deben a súa creación fundamentalmente ás ordes relixiosas, xa que se basean na caridade cristiá e son administrados por membros do clero. A idea da asistencia baséase nas instrucións de Cristo: fogar dos humildes, socorro dos aflixidos... e, máis tarde, o ideal da pobreza, ademais da caridade. O doente e o desamparado é un penitente, e a asistencia ao seu sufrimento, acompañada pola compaixón, é unha oportunidade de redención, en palabras de Santo Agostiño. Así, desde o século XI, a caridade hospitalaria convértese nunha das formas de espiritualidade, secular e clerical. Aconsellada a existencia destes edificios por San Xerome, nun principio tiñan como obxectivo fundamental hospedar os necesitados (de aí o seu nome); os hospitais pertencían ao patrimonio eclesiástico, colocáronse baixo a autoridade do bispo e os seus recursos financeiros procedían só da caridade individual.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Hotel · Hospital de Peregrinos
様式 Plateresco
作者 Enrique Egas
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
現在の用途 Parador de turismo
管理者 Parador de Turismo
保護指定 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 258 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Santiago de Compostela、109 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、45 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
バスで行く
- Rúa Nova428 m 先A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- Avda. de Xoán XXIII693 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIII695 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。