教会堂
Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña
写真: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostelaの宗教建築, 標高約 269 m, Camiño Xabrésから57 m.
A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769. O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce. Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo". O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco. Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 教会
様式 Arquitectura barroca
奉献先 Compañía de Xesús
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
保護指定 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
地点の標高 ≈ 269 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Santiago de Compostela、364 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés、57 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
バスで行く
- Rúa Nova360 m 先A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- IES DO SAR629 m 先As Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- Rúa da Rosa694 m 先Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。