教会堂

Igrexa da Santísima Trindade de Ourense

Ourense

Igrexa da Santísima Trindade de Ourense, 教会堂 en Ourense

写真: Zarateman · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Ourenseの宗教建築, 標高約 138 m, Camiño Xabrésから138 m.

A igrexa da Santísima Trindade de Ourense é un templo parroquial de estilo gótico, construído entre os séculos XII e XVI.

Descrición

Fundouse entre finais do século XII e comezos do XIII a carón do hospital de peregrinos, o hospital de San Roque, do que xa se ten noticias a comezos do século XII. Nos séculos XV e XVI leváronse a cabo as reformas que lle deron o aspecto actual, con dúas características torres cilíndricas na fachada principal que lle outorgan un aspecto de castelo; unha delas, a da esquina norte, sostén un corpo cadrado de campás. Foi entón cando se engadiron á cabeceira, que dá á rúa do padre Benito Feijoo, uns recios contrafortes e unha crestería con pináculos de estilo gótico-flamíxero que percorre a cornixa. Ao desaparecido hospital pertence a porta do adro exterior, trasladado aquí desde a súa localización orixinal na Alameda, onde na actualidade se atopa o edificio de Correos. Obra renacentista do século XVI, consiste nun arco de medio punto enmarcado por dúas columnas acanaladas e con dous medallóns representando aos médicos Hipócrates e Galeno. Posúe tímpano triangular, cun fornelo acollendo a imaxe pétrea de San Roque, nos extremos dúas figuras fantásticas en representación do mal, e no vértice, un anxo. Na parte posterior da porta hai unha pequena escultura da Piedade. O adro dá acceso ao recinto da igrexa, onde se ergue un cruceiro plateresco con imaxes de Cristo e a Piedade. O templo ten dúas portadas de ingreso. A da fachada principal (occidental) presenta tripla arquivolta de arcos apuntados arrancada de columnas de fuste liso e capiteis de variada decoración que apean sobre unha base. O intradorso do arco inferior ten saíntes picudos, mentres que a clave superior e os salmeres están decorados cuns rostros de ruda talla, moi erosionados. A portada do lado do Evanxeio (norte) é menos abucinada, carece tamén de tímpano e presenta tres arquivoltas tardorrománicas decoradas con flores de catro pétalos, bolas, molduras baquetonadas e, o arco máis exterior, picos de serra. Baixo a arcada figura un único par de columnas de fuste liso. No interior, de planta basilical, ou de nave única sen cruceiro, destaca a Capela Maior, cuberta con bóveda de crucería con profusión de nervios e claves, e presidida por un retablo do século XVI. Outros dous retablos laterais de estilo barroco, unha pía de auga bendita xeminada e algunhas pezas de imaxinería completan o mobiliario do templo.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 教会

様式 Arquitectura gótica

奉献先 Santa Trindade

地点の標高 ≈ 138 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Ourense、1.2 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés、138 m

自治体の人口 105,609 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所