教会堂

サン・フィス・デ・ソロビオ教会

Santiago de Compostela · A Coruña

サン・フィス・デ・ソロビオ教会, 教会堂 en Santiago de Compostela

写真: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Santiago de Compostelaの宗教建築, 標高約 271 m, Caminho da Geira e dos Arrieirosから56 m.

A igrexa de San Fiz de Solovio é un templo relixioso situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Ten a sona de se-la igrexa máis antiga da cidade, aínda que foi derruída, reconstruída e sometida a diferentes reformas e ampliacións posteriores ó longo de oito séculos. Está dedicada a San Fiz. Dende 2025, a igrexa española reformada episcopal úsaa na celebración dos seus ritos relixiosos para peregrinos da comuñón anglicana, grazas ao acordo firmado coa arquidocese católica de Santiago de Compostela.

Historia e características

Foi construída no século X polo bispo Sisnando II, e derrubada por Almanzor en 997, para ser reconstruída no século XII polo bispo Xelmírez. Da fábrica románica conserva unicamente a portada e, no seu tímpano, un relevo que representa a Epifanía, datado en 1316 e no que se observan claros restos de policromía, aínda que non é a orixinal. No centro aparece a imaxe da Virxe co Neno sentado no colo; á dereita vense os Reis Magos, e á esquerda a imaxe de san Xosé, apoiado nun caxato, e de Xoán Debe, o doante da obra, axeonllado ante a Virxe. O nome e a data aparecen nunha inscrición que corre no lintel da porta. No século XVII engádenselle novas capelas e, xa no XVIII, o arquitecto santiagués Simón Rodríguez procede a unha ampliación, con dúas naves novas e mailo campanario barroco. No muro norte do presbiterio consérvase un sartego coa efixie xacente do cardeal Lopo González de Carballido, do século XVI. O retablo principal é de estilo barroco. Conta a tradición que o eremita Paio se atopaba aquí rezando cando viu as luces que sinalaban o lugar onde se agochaban os restos do apóstolo Santiago. No libro V do Códice Calixtino, onde se describe a cidade de Santiago, relaciónanse as dez igrexas que había daquela en Santiago. En sétimo aparece citada a de San Fiz:

Localización

Segundo a lenda cristiá, no lugar onde se ergue a igrexa moraba o ermitán Paio, descubridor do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do VIII. A xulgar polas tumbas escavadas na rocha que se atoparon no adro da actual igrexa, de clara tipoloxía altomedieval, a área de San Fiz de Solovio debeu de ser a única zona habitada da actual Compostela tralo abandono da área próxima á catedral ao longo do século V. Recuperada a área da catedral co descubrimento da tumba do apóstolo, Solovio quedou fóra do recinto inicial do Locus Sancti Iacobii. No século XI, coa muralla edificada por orde do bispo Cresconio, incorporouse á cidade.

Belén tradicional

Cada Nadal, o interior do templo acolle un belén cedido e montado por José Uzal, coa colaboración do Colexio Maior de Santo Agostiño e mais do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 教会

奉献先 Fiz de Xirona

所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña

保護指定 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade

地点の標高 ≈ 271 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Santiago de Compostela、361 m

サンティアゴ巡礼路 Caminho da Geira e dos Arrieiros、56 m

自治体の人口 100,842 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所