島
コルテガーダ島
O Carril · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · 22 m
写真: Pavlemadrid commons · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Arousaのリアス湾の島, 標高約 22 m, Camiño Portugués Variante Espiritualから655 m.
A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas. É case unha illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 54 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.
Historia
Na Idade Media foi un lugar relacionado coas peregrinacións a Compostela que viñan polo mar. Na illa construíuse unha torre de defensa ante as invasións dos normandos e musulmáns. En 1334 construíuse a ermida da Virxe dos Miragres, reconstruída en 1652 por orde do arcebispo compostelán Fernando de Andrade e Soutomaior a carón do peirao, na que se celebraba unha romaría. Ao seu carón existía un lazareto para os mariñeiros que chegaban ao porto do Carril. Xunto dela existe un cruceiro. Hai outro cruceiro ao nordeste da illa, na punta Corveiro. A comezos do século XX había na illa unha poboación estable dunhas 70 persoas, na beira sueste, a máis abrigada. En 1907 unha comisión de nobres e industriais procurou mercar a illa para lla regalar ao rei Afonso XIII de España, coa idea de que construíse nela unha residencia estival. O 16 de xullo de 1910 rematou o proceso de compras e expropiacións dos terreos, e o 16 de xullo dese ano firmouse a escritura de cesión da illa á casa Real. Porén, por entón xa estaba a construírse o palacio da Magdalena en Santander, polo que a illa quedou como coto de caza. O rei foi visitala nunha ocasión, e o seu fillo Juan asistiu en 1930. Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada . Coa chegada da Segunda República Española, en maio de 1931 o Estado expropiou a illa e construíuse un cuartel de carabineiros e nos veráns seguintes celebráronse varias festas populares e excursións escolares. En 1953 devolvéuselle a Juan de Borbón y Battenberg, quen encargou a plantación forestal de eucaliptos e piñeiros. En 1978 vendeulle a illa a unha inmobiliaria, que tiña a idea de urbanizala e construír un campo de golf. Porén, logrouse paralizar o proxecto e o 13 de xuño do 2002 foi incluída no parque nacional das Illas Atlánticas para a conservación dos seus valores naturais. O 30 de agosto de 2007, cando a Xunta de Galicia a expropiou logo do pagamento dun xustiprezo de 1,8 millóns de euros, a illa volveu ser de dominio público.
Galería de imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Illa
面積 54 m²
標高 22 m
最寄りの町 O Carril、899 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués Variante Espiritual、655 m
自治体の人口 37,975 (2025) · IGE
バスで行く
- O Carril (A Rosa)713 m 先O Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Catoira (área estacionamento)-Vilagarcía E.A. · Coaxe-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Vilagarcía E.A. · CPI de Progreso-Vilagarcía E.A.
- O Carril (A Rosa)718 m 先O Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Pontecesures (E.F.)-Nogueirido-Vilagarcía E.A · Coaxe-Vilagarcía E.A. · Catoira (área estacionamento)-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Vilagarcía E.A.
- O Carril732 m 先Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago-Vilagarcía-Cambados (X) · Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
.jpg?width=400)

.jpg?width=400)