ペトログリフ

Petróglifo dos Mouchos

Leiro · Rianxo · A Coruña

Petróglifo dos Mouchos, ペトログリフ en Rianxo

写真: Erreja · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Leiro, Rianxoの岩絵, 標高約 30 m, Camiño A Orixeから216 m.

Os petróglifos dos Mouchos son un conxunto de gravados rupestres da Idade de Bronce (1200 - 600 a. C.) situado en Leiro (Rianxo). Están rexistrados co código GA15072020 no inventario de bens patrimoniais da Xunta de Galicia.

Descrición

O conxunto de petróglifos está formado por tres bloques de granito, nunha zona afectada por labores de cantaría tradicional. Hai máis de sesenta representacións, a maioría zoomorfos (cérvidos e équidos) e algún antropomorfo, que parecen formar parte dunha composición unitaria. Repartidas en distintos paneis dos tres afloramentos rochosos, destacan as series de cuadrúpedes mesturados, cervos de gran cornamenta e o que semellan femias de cervo, cabalos e unha figura humana montando un deles. Ademais, hai motivos xeométricos, con grupos de círculos concéntricos en series de catro con cazoletas no interior. O conxunto presenta as características propias do Grupo Galaico de Arte Rupestre, con grupos de cazoletas inscritas en círculos ou espirais, co uso do círculo, o punto e a liña como característica máis habitual. Nestes petróglifos as cazoletas son un elemento complementario que forma parte de combinacións circulares e de motivos figurativos. As representacións zoomórficas de cuadrúpedes mostran figuras esquemáticas estilizadas e están debuxadas con espazo interno cun alto nivel de integración entre as partes que compoñen a figura. Para a representación das patas dos cervos do petróglifo dos Mouchos, tanto as dianteiras coma as traseras, empregáronse tres trazos.

Conservación

As características litolóxicas do soporte dos gravados favorece a súa conservación, con procesos de alteración lentos. Con todo, a acción humana afecta a permanencia ao actuar directamente sobre os paneis con actos de vandalismo, mediante extracción de pedra, obras de infraestruturas varias ou por mor dos incendios forestais. A construción dunha casa xunto ao xacemento, o movemento de terras, a extracción de pedras e a creación dun vertedoiro de cascallo procedente das obras da vivenda, fan supoñer que se puideron destruír os gravados que, posiblemente, existisen no camiño de entrada ao xacemento. No verán de 2015 o xacemento sufriu un acto vandálico ao facerse marcas de mans nas rochas con morteiro de cemento cola branco.

Outros artigos

Grupo Galaico de Arte Rupestre

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 岩絵

保護指定 Ben de Interese Cultural

地点の標高 ≈ 30 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Rianxo、2.1 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño A Orixe、216 m

自治体の人口 10,755 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所