山
モンテ・ド・ゴゾ
Aríns · Santiago de Compostela · A Coruña · 372 m
写真: Carlos Delgado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
サンティアゴ・デ・コンポステーラの近くにある丘, 標高約 372 m, Camiño Francésから79 m.
O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.
Historia
Na Idade Media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por chegaren até aí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pé (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandonada no século XVII. En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude. Actualmente o monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que inclúen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que actuaron bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, así como o festival O Son do Camiño, diante de ata 40.000 persoas.
Outros artigos
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Montaña
標高 372 m
最寄りの町 Santiago de Compostela、4.4 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Francés、79 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
バスで行く
- San Marcos575 m 先Lugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Arzúa-SANTIAGO E.I. · Arzúa-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。