博物館
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Santiago de Compostela · A Coruña · 1951
写真: José Luis Filpo Cabana · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela, A Coruñaの博物館, 標高約 282 m, Camiño Inglésから19 m.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo localizado en Santiago de Compostela de titularidade estatal e de xestión transferida á Xunta de Galicia. Está centrado no fenómeno universal da peregrinación (con especial atención á xacobea) e no nacemento e desenvolvemento da cidade de Santiago ó redor da catedral e da peregrinación á tumba de Santiago o Maior. Foi creado en 1951 e declarado Ben de Interese Cultural en 1985, se ben apenas tivo actividade ata 1996. En 2012 ampliou as súas instalacións grazas á integración no museo do antigo edificio do Banco de España, na praza das Praterías, cambiando o nome e constituíndose nun museo descentralizado: está integrado pola Casa Gótica (o museo orixinal), a Casa do Cabido e este novo edificio.
Creación e primeiros anos
Co nome de Museo de Santiago e das Peregrinacións, foi creado a finais de 1951 grazas á iniciativa de Manuel Chamoso Lamas, co obxectivo de albergar os restos arqueolóxicos e outros elementos relacionados con Santiago de Compostela e coa peregrinación xacobea. Abriuse na rúa de San Miguel na chamada Casa Gótica, do século XIV, e que adquiriu o Concello para este fin. Durante anos só se fixeron labores internas, realizáronse obras de rehabilitación do edificio e outros traballos de organización e dotación de contidos para o museo. En 1963 asume a xestión a Dirección Xeral de Belas Artes, que lle dá o novo nome de Museo das Peregrinacións e orienta os contidos ó fenómeno universal da peregrinación, baixo o que abre ó público en 1965, co gallo dos eventos organizados no contexto do Ano Santo Xacobeo que se celebrou nese ano. Na inauguración presentouse unha ampla exposición de obxectos de culto e obras de arte relacionados co apóstolo, procedentes de diversas igrexas da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Clausurados os actos do Ano Santo, o museo pechou as portas e así continuou ata o Ano Santo de 1976, cando se organizou outra exposición similar, pechando de novo ó finalizar o ano. Cando en 1982 a Xunta de Galicia asume as competencias de cultura e, sete anos despois, a xestión das infraestruturas culturais como museos e bibliotecas, non se inclúe o Museo das Peregrinacións por canto este estaba catalogado como Museo nacional, e hai que esperar ata 1995 para que se consiga a transferencia da xestión deste museo ó goberno autónomo.. E así foi posible a apertura ó público definitiva a partir de febreiro de 1996. Nese momento, distintas adquisicións e doazóns particulares, xunto a outro material en depósito, foron enriquecendo os fondos do museo con numerosas pezas arqueolóxicas, cadros e esculturas, ourivaría, gravados etc. Aínda así, demórase ata 2007 a publicación do instrumento legal do museo, xa baixo o nome actual de Museo das Peregrinacións e de Santiago:
O Museo das Peregrinacións a partir de 2012
A Casa Gótica xa naceu con serias limitacións espaciais e o propio Chamoso Lamas escribía en 1965 que "... tendo en conta o caudal enorme de elementos arquitectónicos e escultóricos con que se conta e a densidade de pezas representativas das distintas rutas da Peregrinación que esperan ser exhibidas, a súa capacidade resulta sumamente escasa, á vez que unha circulación de visitantes masiva acharía entorpecemento". Co transcurso dos anos realizáronse diversas modificacións e ampliacións (primeiro, un edificio de nova construción de catro plantas; en 1974, a adición de dúas salas e un patio axardinado; a partir dos anos oitenta, unha redistribución interna dos espazos e dependencias), pero o resultado final seguiu sendo insuficiente para os fondos existentes e as novas adquisicións e, a maiores, a circulación dos visitantes resultaba complicada e confusa. Dos 1.285 m² de superficie útil só se ocupan con fins expositivos uns 470 m², reservando o resto do espazo a oficinas, almacéns etc.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Museo
壁 石
階数 3
正式名称 Museo Das Peregrinacións E de Santiago
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 282 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Santiago de Compostela、315 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、19 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
行き方
営業時間 Tu-Fr 09:30-20:30 · Sa 11:00-19:30 · Su 10:15-14:45
入場料 有料
電話 +34 881 867 401
住所 Praza das Praterías, s/n
バスで行く
- Avda. de Xoán XXIII551 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII555 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Rúa Nova588 m 先A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。