保護地域

Parque forestal de Santo André de Comesaña

Valadares · Vigo · Pontevedra

Parque forestal de Santo André de Comesaña の写真はまだありません

お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。

{{Location|42.18806|-8.75253}}

Vigoの森林公園, 標高約 150 m, Camiño Portugués da Costaから123 m.

O parque forestal de Santo André de Comesaña, tamén coñecido como parque da Guieira, da Aguieira ou parque da Fontesanta, é un parque forestal situado na parroquia viguesa de Comesaña. Está situado xunto ao lugar da Aguieira. Ten unha superficie total de 29.200 m² e pertence á comunidade de montes de Santo André de Comesaña. Acondicionouse no ano 2001, e forma parte da ruta GR-53 que atravesa os montes de Vigo pola zona máis alta, desde A Madroa até A Garrida. O parque está atravesado por parte do percorrido do río Lagares, e na súa beira sitúanse varios muíños fluviais. A nivel paisaxístivo, está formado por piñeiral, eucaliptal (entre Comesaña e Coruxo fíxose a primeira plantación desta árbore na zona, en socalcos, á beira do río Pontón e do muíño do Lourenzo; para asegurarlle o rego construíuse unha presa), carballos, castiñeiros, bidueiros e salgueiros. Na parte alta do parque hai penedos graníticos irregulares froito da erosión. Desde os puntos máis altos hai panorámicas da ría e as illas Cíes. Este parque, así coma outros lugares da parroquia, queimáronse na vaga de incendios de outubro de 2017. Unhas das persoas falecidas durante ese incendio foi un veciño desta parroquia, mentres axudaba a apagar o lume.

Usos

A nivel recreativo, o parque conta con varias mesas, barbacoas e asadoiros, fontes e un miradoiro a 164 metros sobre o nivel do mar, desde o cal pódense divisar as Illas Cíes e a ría de Vigo.

Sendeiros

O parque forestal de Comesaña forma parte dun conxunto de montes e outeiros que arrodean a cidade de Vigo. A ruta GR-53, que atravesa o parque, é unha senda de grande percorrido que circunvala o concello de Vigo polos seus montes. Cunha lonxitude de 40 quilómetros, e de carácter circular, é a ruta de sendeirismo máis grande da cidade olívica.

Accesos

O acceso ao parque forestal pode realizarse en automóbil privado ou público. Pola estrada de Valadares en dirección a Vigo, tomando a saída de Matamá, ou pola estrada de Matamá ao Freixo, pasando o cruzamento do Freixo, á man dereita.

Outros artigos

Parques de Vigo

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Parque forestal

地点の標高 ≈ 150 m · Terrain Tiles

最寄りの町 A Ponte、2.2 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués da Costa、123 m

自治体の人口 295,735 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所