宮殿
Pazo da Deputación de Pontevedra
Pontevedra · 1890

O Pazo da Deputación de Pontevedra, na cidade de Pontevedra, é un edificio ecléctico do século XIX, sede da deputación provincial de Pontevedra. Está situado entre a Alameda de Pontevedra e o Parque das Palmeiras. == Historia == A Deputación de Pontevedra constituíuse en 1836, a última das catro provincias galegas. Durante décadas tivo a súa sede no convento en desuso de San Francisco, antes de trasladarse ao actual Pazo da Gran Vía de Montero Ríos en 1890. Na década de 1870 iniciouse o proxecto dunha nova sede, debido ao elevado custo de mantemento da sede conventual. En 1882, Domingo Rodríguez Sesmero e o seu fillo Alejandro Sesmero presentaron unha proposta para o novo pazo de estilo clasicista. Con todo, o proxecto final sería diferente: mostraría a influencia do estilo ecléctico e o sentido decorativo de Alejandro Rodríguez-Sesmero ao adoptar certos elementos da Casa Consistorial de Pontevedra. En 1883 aprobouse o proxecto e adxudicáronse as obras, baixo a dirección de Daniel Rodríguez Vaamonde, que posteriormente foi substituído por Antonio Crespo e Siro Borrajo. En 1884 a Deputación Provincial de Pontevedra comprou ao Concello de Pontevedra os terreos onde se sitúa o actual pazo. As obras comezaron o 1 de marzo de 1884 e prolongáronse ata o 8 de novembro de 1890. O edificio adaptouse especialmente ás necesidades de distinción, simbolismo e grandilocuencia de finais do século XIX. == Descrición == Alejandro Sesmero deseñou un gran palacio para uso administrativo e optou por combinar elementos doutras épocas, como a arquitectura clásica, renacentista e barroca. O palacio pertence ao estilo ecléctico con elementos e conceptos inspirados na arquitectura francesa. É de pedra, ten planta cadrada e dous pisos. A fachada está organizada de forma simétrica, cun corpo central e outros dous corpos laterais lixeiramente adiantados con perpiaños con almofadado. Unha grande escaleira conduce á entrada principal, inspirada nun arco de triunfo, con arcos de medio punto enmarcados por columnas estriadas con capiteis xónicos. O piso superior ten un gran balcón con balaustrada e outros tres arcos de medio punto enmarcados por columnas corintias, tamén estriadas. Estas columnas enmarcan as xanelas da sala nobre. Sobre elas hai tres óculos e un frontón triangular no que aparece o escudo da provincia de Pontevedra. As xanelas das esquinas do edificio están rematadas por frontóns semicirculares. Están decoradas con linteis con vieiras. A decoración exterior, de delicada cachotaría, insírese nas molduras ao redor das xanelas con linteis, e nas decoracións sobre estes, con volutas, palmetas e rocallas. No interior destaca a monumental escaleira e a iluminación a través de grandes lucernarios no teito. Na planta baixa, hai un salón central con grandes piares rematados por unha gran claraboia e unha vidreira co escudo da provincia de Pontevedra. O salón de plenos está decorado con estucos antigos. No interior do edificio destacan os materiais innovadores para a época, como o ferro nos lucernarios e a bufarda. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 92-93. ISBN 978-8403509344. Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 415-416. ISBN 978-84-8457-327-2. Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 48. ISBN 9788482890852. === Outros artigos === Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra Gran Vía de Montero Ríos Casa Consistorial de Pontevedra Palacete das Mendoza === Ligazóns externas === Pazo da Deputación de Pontevedra Arquivado 18 de maio de 2021 en Wayback Machine. na web Visit-Pontevedra Pazo da Deputación de Pontevedra na web Turismo de Galicia Pazo Provincial de Pontevedra Arquivado 12 de xullo de 2020 en Wayback Machine. na web da Deputación de Pontevedra
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Corvaceirasa 219 mVilagarcía E.A.-Pontevedra E.A. · Testos-Pontevedra E.A.
- SAN ROQUEa 228 mO Grove E.A.-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A.
- Avda. Reina Victoria Uxíaa 238 mPonte da Barca-Pontevedra (X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.