Pazo

Pazo de Cedofeita

Ribadeo · Lugo

Pazo de Cedofeita

O pazo de Cedofeita é un pazo situado no lugar da Torre (Cedofeita, Ribadeo), de propiedade privada. == Características == Está situado a 8 km da vila de Ribadeo. Foi construído entre finais do século XV e principios do XVI. De planta rectangular, fabricado en cachotería de lousa e cadeiría de granito en vans e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas e con cheminea-torre. Composto dun corpo con baixo e primeiro piso e unha torre de dous andares, con remate en ameado. O conxunto complétase cun hórreo, un pombal circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadana dun só van, onde se atopa no centro do retablo a imaxe da Virxe de Nosa Señora da Soedade da súa devoción. Todo iso está rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva a fachada principal (cara ó mediodía), onde se encontra o escudo de armas, e a outra, orientada o norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede a vivenda. O escudo de armas de madeira substitúe a un anterior de pedra, coas liñaxes de casas como os Armada, Cid, Pedrosa ou Sánchez. Ten un recinto amurallado cunha zona de cultivo, árbores froiteiras e xardín. Tense usado como calabozo, xulgado, e zona de execución con guillotina para os sentenciados a morte. En Cedofeita é coñecido como Casa Grande. Nos anos 20 do século XXI é usado puntualmente polo Colectivo As Vacas Fracas como lugar de encontro, actuación e dinamización. == Notas ==

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所