巡礼聖所

Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte

Arante · Ribadeo · Lugo

Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte, 巡礼聖所 en Ribadeo

写真: Mixigodo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Arante, Ribadeoの宗教建築, 標高約 104 m, Camiño do Norteから46 m.

O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, tamén coñecido como Igrexa das Virtudes ou ermida de Santa María, é un templo relixioso situado no lugar da Ponte (Arante, Ribadeo). Arredor da capela celébrase a romaría das Cruces, declarada festa de interese turístico de Galicia (declarada no 2018). A virxe, coñecida como 'a santiña' pola xente do lugar, ten fama de milagreira xa no mesmo século XVI.

Historia

Foi construída como tarde na primeira metade do século XV. Unha inscrición no seu interior dá nota dalgún arranxo ou aumento: en 1516, data na que tiña xa a estrutura actual. O 15 de febreiro de 1543 abriuse un hospital para peregrinos do Camiño de Santiago, pois o Camiño do Norte pasa á súa beira.

Arquitectura

O edificio é dunha soa nave con tellado a dúas augas, arco triunfal oxival e presbiterio. Ten armadura interior de madeira. Posúe tres portas con arco de medio punto. O altar maior ten un retablo renacentista con dúas imaxes da Nosa Señora das Virtudes de diferente tamaño, e un Santiago Matamouros. a parte superior ten un Cristo crucificado. No seu interior consérvanse dous frescos con dúas inscricións, descubertas en 1970 despois de estaren cubertas con cal. No 2019 espérase unha intervención pois ambas pinturas corren perigo debido as filtracións de humidade polo muro da capela. Unha delas, na parede norte, sobre a súa fundación a comezos do século XVI: A outra, de 1606, sobre a parede sur, o relato dun milagre: Este fresco é o único mural sobre temas do mar do s. XVII en Galicia.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Santuario

奉献先 Nosa Señora

別名 Capela da Ponte

地点の標高 ≈ 104 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Ribadeo、9.2 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño do Norte、46 m

自治体の人口 9,996 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所