宮殿
パソ・デ・ラショイ
Santiago de Compostela · A Coruña · 1766
写真: sporras · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Concello de Santiago de Compostelaの本部建物, 標高約 250 m, Caminho Português de Santiagoから60 m.
O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.
Situación
Está localizado na parte occidental da praza do Obradoiro, que pecha por esa banda, fronte á fachada principal da catedral de Santiago. Á súa dereita sitúase o Colexio de San Xerome, que hoxe serve de sede do Reitorado da Universidade de Santiago; á esquerda do pazo érguese o Hospital Real dos Reis Católicos que dende 1954 é Parador Nacional.
Historia
O soar sobre o cal se ergue o Pazo de Raxoi, estaba ocupado anteriormente polos cárceres civil e o eclesiástico da cidade e máis un treito da muralla, que defendía a urbe pola parte de poñente. A dobre propiedade sobre o predio orixinou discordancias entre o Bispado e o Concello. Este presentou un proxecto en 1764, da autoría de Lucas Ferro Caaveiro, coa idea de radicar a Casa do Concello entre ambos os cárceres. Pola súa banda, o arcebispo, Bartolomé de Raxoi, tiña en mente colocar aí o Seminario denominado de Confesores e máis a residencia para os nenos do coro catedralicio, para o que presentaba un proxecto diferente, encargado a Andrés García de Quiñones. Porén, ademais da controversia entre os copropietarios, xurdiu unha terceira parte interesada, o Hospital Real, alegando que se atentaba contra a súa propiedade. O litixio conseguinte levou á intervención da Capitanía Xeneral de Galiza e mais da Real Cámara, resolvéndose o 13 de maio de 1767 que o futuro edificio albergase o Consistorio compostelán, o Seminario de Confesores e máis os cárceres, consonte ao proxecto do enxeñeiro Carlos Lemaur, segundo se propuxera pola devandita Capitanía Xeneral. De acordo coa anterior resolución, o edificio foi construído segundo as trazas de Lemaur, sendo dirixidas as obras por frei Manuel de los Mártires, e como executores reais polos mestres Juan López Freire e Alberte Ricoy, e, segundo a inscrición que figura no friso do mesmo pazo, as obras tiveron lugar entre 1766 e 1772. O pazo contribuíu a realzar a praza do Obradoiro, que carecía dun edificio digno nese lado, máxime cando había poucos anos que se rematara a nova fachada occidental da sé compostelá.
Descrición
O edificio correspóndese a un tipo palaciano francés desenvolvido por François Mansart, en último extremo asentado sobre modelos italianos: longa loggia porticada, con perpiaños almofadados, sobre o que se alzan os corpos correspondentes, e abrazados por unha orde colosal. A este patrón axustouse a fábrica compostelá. Sobre un plano rectangular, predomina a horizontalidade, cos case 90 m de lonxitude da fachada, apenas rota polos acroterios e frontóns do coroamento, que contrasta coa verticalidade da fachada catedralicia. No corpo inferior destaca o asoportalamento con vinte arcadas de medio punto nos lados e cinco alinteladas no centro. Sobre desta loggia desenvólvense dous corpos superiores, ambos abranguidos por columnas contiguas de orde xigante xónica, que se erixen, sobre pedestal apoiado no remate do pórtico. Entre esas columnas ábrense cincuenta ocos, de tipo porta en ambos os casos, pois por elas accédese ao balcón corrido que percorre toda a fachada no primeiro andar, e a unha varanda no segundo. Estes vans aseguran a luminosidade das estancias internas.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Palacio · Casa do concello
様式 Arquitectura neoclásica
作者 Carlos Lemaur
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
現在の用途 Casa do concello
保護指定 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
地点の標高 ≈ 250 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Santiago de Compostela、25 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、60 m
自治体の人口 100,842 (2025) · IGE
バスで行く
- Rúa Nova323 m 先A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDA606 m 先Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII798 m 先Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。