岬
モラソ半島
San Tomé de Piñeiro · Marín · Pontevedra
モラソ半島 の写真はまだありません
お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。
{{Location|42.33333|-8.71667}}
San Tomé de Piñeiro (Marín, Pontevedra)の岬, 標高約 390 m, Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiñoから1.1 km.
O Morrazo ou Morrazo é unha península situada no oeste da provincia de Pontevedra, na zona das rías Baixas. Mide uns 40 km. de lonxitude por 10 de ancho, e separa as rías de Vigo e Pontevedra.
Xeoloxía
A península do Morrazo é un exemplo de horst. A elevación do terreo que a conforma debeuse ó afundimento das rías que separa. O seu istmo vai de Ponte Sampaio a Pontevedra. A súa parte occidental vese desgaxada de norte a sur por unha ampla fendedura tectónica inundada: a Ría de Aldán, que individualiza a subpenínsula do Hío, parroquia máis occidental da comarca do Morrazo. Pola súa parte, o seu extremo meridional e confín da península, Cabo Home, morre a pouca distancia das Illas Cíes (integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas). O Morrazo é unha península montuosa atomizada en ducias de vales, outeiros, e enseadas, que conforman un complexo tecido de unidades individualizadas, ricas e moi humanizadas que albergan unha elevada densidade de poboación. O punto máis alto da península é a meseta da Chan da Carqueixa (628 m), no Monte Xaxán (Domaio). Os miradoiros de Cotorredondo, Monte do Faro, A Fraga, Agudelo, A Paralaia, A Magdalena, O Balcón do Rei, Varalonga, Liboreiro o Ermelo ofrecen amplas panorámicas da súa paisaxe, desde a ría de Pontevedra á de Vigo.
Demografía
O poboamento do Morrazo é moi disperso, e a maioría dos máis de 200 núcleos de poboación da península se encadran nun contínuum rururbán onde destacan algunhas vilas. A poboación achégase ás 100.000 persoas , cunha densidade de poboación superior a 500 hab./km². A península correspóndese cos concellos de Cangas de Morrazo, Bueu, Marín e Moaña, así como dúas parroquias de Pontevedra (Lourizán e Salcedo), e catro de Vilaboa (San Adrián de Cobres, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa e Figueirido). Cangas é a capital histórica, así como o concello máis poboado. A lista compreta das 29 parroquias pode verse na seguinte táboa:
Economía e cultura
A pesca e o turismo son as dúas áreas económicas máis destacadas, e a súa riqueza exprésase tamén na cultura, o deporte e a gastronomía da zona. O deporte das traíñas e do remo en xeral son moi populares, co canonista David Cal á cabeza. Entre os eventos culturais destaca o Festival Intercéltico do Morrazo, celebrado en Moaña a finais de xullo. Entre os seus monumentos destacan o cruceiro do Hío, o Dolmen de Chan da Arquiña, os Petróglifos de Mogor ou o Museo Massó.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Península
長さ 40 m
地点の標高 ≈ 390 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Bueu、5.8 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño、1.1 km
自治体の人口 23,976 (2025) · IGE
バスで行く
- Pastoriza439 m 先MARÍN-CEIP CARBALLAL-PASTORIZA · Marín-CEIP Carballal-Pastoriza
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。