女子修道院
Ruínas de San Domingos
Pontevedra
As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos. Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro. A entrada ó recinto faise polo extremo norte do cruceiro. A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra iniciou en 1889 as xestións para a súa recuperación e declaración como Monumento Nacional, e utilizou as ruínas como sede da institución. Co tempo, en 1938, a Sociedade cedeu as instalacións ó Museo de Pontevedra e este converteu este espazo na súa Sección lapidar (arqueolóxica) e dedicouno á exposición permanente de sepulcros de persoeiros históricos pontevedreses, laudas gremiais e escudos heráldicos procedentes de enterramentos na propia igrexa e de casas nobres da cidade e da provincia. == Historia do convento == Os dominicos chegaron a Pontevedra a finais do século XIII e fundaron o convento cara a 1281, na Moureira, no exterior da muralla que pechaba a cidade na Idade Media, pero pronto se trasladaron ó lugar onde hoxe quedan os restos do edificio. As obras da cabeceira comezaron en 1304 ou 1305 pero a partir de 1380 substituíronse pola obra actual, que non se rematou ata o século XV. A finais do XVIII decidiuse reformar a igrexa mediante unha nova nave, neoclásica, que substituiría a antiga igrexa gótica. Esta reconstrución, que ía dirixir Álvarez Reguera, viuse fanada en 1835, cando o Estado aprobou a chamada desamortización de Mendizábal e puxo en venda as posesións das ordes relixiosas, incluída igrexa e convento de San Domingos. O 8 de decembro de 1836 pecha o convento e a partir deste momento o edificio entrou pouco a pouco nun longo proceso de ruína e deterioración progresivos. En 1840 a Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos de la Provincia de Pontevedra cedeuno ó Concello, que o dedicou a Casa de Asilo; posteriormente dedicouse a cárcere, hospicio, escola infantil, cuartel e teatro, pero sen realizar labores de mantemento que evitaran a progresiva ruína. Mesmo en 1846 aproveitáronse as pedras para pavimentar as rúas de Pontevedra, tal como o recolleu o historiador pontevedrés Claudio González Zúñiga: En 1864 derrúbase a capela de San Xacinto, que estaba no extremo sur do cruceiro e, entre 1869 e 1870, a parte superior da torre que existía neste mesmo punto. En 1874, o Concello comeza a considerar a demolición do convento, co obxectivo de ampliar o espazo dedicado a Campo da Feira (actual parque das Palmeiras), para o que conta co informe favorable da Comisión Provincial de Monumentos, que puña como condición respectar a antiga igrexa e algúns outros elementos de interese. A pesar desta limitación, o Concello aprobou en xullo de 1880 a demolición completa, decisión que provocou a reacción en contra da Comisión de Monumentos e de numerosos pontevedreses, que conseguiron deter as obras de demolición. O Concello volveuno intentar en 1889, pero a reacción social conseguiu de novo deter as obras; nesta ocasión a vontade de demoler as ruínas era tan firme que o concello xa incluíra nos seus orzamentos os ingresos previstos pola venda dos terreos resultantes. == Recuperación == Aínda que a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra non se constituíu formalmente ata o 15 de agosto de 1894, baixo a presidencia de Casto Sampedro, xa desde anos antes levou adiante algunhas actividades en prol da conservación histórica e artística de Pontevedra. Canto ás actividades dirixidas á conservación das ruínas de San Domingos cómpre destacar a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas o 16 de setembro de 1889, baixo a convocatoria do poeta Roxelio Lois Estévez, daquela director de O Galiciano, Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous últimos delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas, a piques de ser derrubadas definitivamente. Nesta xuntanza tomaron as ruínas como sede da Sociedade e procederon a limpalas de entullos e lixo e ó seu peche cun valado.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Avda. Reina Victoria Uxíaa 265 mPonte da Barca-Pontevedra (X)
- Corvaceirasa 359 mVilagarcía E.A.-Pontevedra E.A. · Testos-Pontevedra E.A.
- SAN ROQUEa 369 mO Grove E.A.-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.