온천 마을

Balneario da Toxa

O Grove

Balneario da Toxa, 온천 마을 en O Grove

사진: Joaquín Pintos · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O Grove의 온천 마을, 해발 약 3 m, O Grove에서 2.2 km.

O Gran Hotel da Toxa é un hotel-balneario situado na illa da Toxa, no concello do Grove. Foi inaugurado en 1907 e reformado en 1945. É un hotel de luxo.

Historia

Os pescadores locais da ría de Arousa decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas calidades. Emilia Pardo Bazán, en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un burro con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840. O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios desa época como o de Marienbad en Alemaña (hoxe na República Checa). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías. A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid. En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.

Outros artigos

Balnearios de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Hotel · Balneario

지점 고도 ≈ 3 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 O Grove, 2.2 km 거리

지자체 인구 10,877 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처