탑
Torre de San Sadurniño
Cambados
A Torre de San Sadurniño atópase na Illa de Figueira, unha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra. == Historia == O lugar no que se encontra foi probablemente o núcleo de poboación máis antigo de Cambados, e coñecido antigamente como Vila Vella e que despois adoptaría a actual denominación de San Tomé do Mar. O estilo construtivo da torre, que nada ten que ver coas construcións altomedievais anteriores ao ano 1000 como se pensaba, indican que tivo que ser construída a finais do século XV ou inicios do século XVI. A torre conservada hoxe non era polo tanto unha torre de vixianza para avisar dos ataques viquingos na ría de Arousa se non unha casa-torre residencial da familia dos Soutomaior. De feito o fundador da vila de San Tomé foi Sueiro Gomes de Soutomaior, que deixa para a ermida de San Tomé do mar no seu testamento" un marco de plata para ajuda de facer cada un seu caliz de plata" Fala polo tanto este documento da existencia da ermida cuxos alicerces localizaron recentes escavacións arqueolóxicas. A veneración nesta igrexa de santos como San Sadurniño ou San Tomé dan seguramente nome á illa e á vila anexa. Foron seguramente a filla (María) ou a neta (Xoana) de Sueiro, as que mandaron construír a torre. A fortificación estivo vinculada primeiro á familia Chariño - Soutomaior, logo aos condes de Castronovo, ata que o IV Conde de Castronovo, Martín Domingo de Guzmán y Niño, vendeu o señorío e as posesións ó primeiro marqués de Montesacro, Diego de Zárate y Muga. == Características == Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de cantaría de granito cunha xanela. Ademais atópanse restos dunha lareira no encontro dos muros, que consta dunha cambota de granito sostida por canzorros e unha cheminea formada por un cano tamén de granito. A súa función principal foi residencial e tamén simbólica do señorío dos Soutomaior, a onde acudían os vasalos a pagar as rendas. A principios do século XX aínda eran visibles os alicerces da antiga capela do complexo. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Gumersindo Mosteiro: "A Torre e a sombra" (2018) Cambados. ISBN 978-84-09-05332-2. Suso Vila: "A casa dos Soutomaior", editorial Toxosoutos, (2010), p. 476. Noia, A Coruña, ISBN 978-84-92792-36-8 José Caamaño Bournacell: Cambados a la luz de la historia (1933)
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Cambados (Tintorería)a 600 mCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-Covas-Barrantes-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-San Martiño-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A.
- Cambados (Tintorería)a 613 mCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-Mosqueiro-Ribadumia-Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A
- Cambados (Panadería)a 716 mCambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-Covas-Barrantes-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · Cambados E.A-Sisán-San Martiño-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.