도서관
Biblioteca Pública Municipal de Abegondo
Abegondo · A Coruña · 1988
Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias. En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado. A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara ao sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre de Figueiroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII. En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña. O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Biblioteca pública · Biblioteca central
관리 주체 Concello de Abegondo
지점 고도 ≈ 142 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Abegondo, a 48 m
산티아고 순례길 Camiño Inglés, a 2.5 km
지자체 인구 5,631 (2025) · IGE
가는 길
운영 시간 Mo-Fr 09:00-13:30,17:30-20:00
휠체어 예
주소 c/ San Marcos, 1
Chegar en bus
- Abegondoa 9 mAbegondo (centro saúde)-Torrente · Abegondo (centro saúde)-Ascarís (cruzamento) · Abegondo-Vilar (Meangos) · CEIP San Marcos-Vilacova (igrexa) · Abegondo (centro saúde)-Beade · Abegondo (centro saúde)-Beade
- Abegondoa 39 mTabeaio-Betanzos (praza) · Tabeaio-Betanzos (praza) · A Coruña E.A.-Montouto · Teatro Colón-San Pedro de Présaras · Teatro Colón-Montouto · Betanzos-O Mesón do Vento-Ordes-Santiago
- San Marcoa 143 mIES de Viós-Cancelada · IES de Viós-Cancelada
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.