온천
Burga de Xermeade
Reis · Teo · A Coruña

사진: Miguel Rodriguez Sanmartin (User:UL_mrsanmartin) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Reis (Teo, A Coruña)의 온천, 해발 약 31 m, Caminho da Geira e dos Arrieiros에서 293 m.
A burga de Xermeade é un antigo manancial situado en Xermeade (Reis, Teo) á beira do río Ulla. Ten augas sulfuradas, cloruradas e sódicas, que xorden a unha temperatura constante de 15 °C. A fonte dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, onde poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época do seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan. Nesa época a fonte era de uso público, pero aló polos anos trinta do século XX unha familia tentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta dese mesmo século as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas reconvertida en merendeiro a carón da bañeira. O manancial, de gran sona en toda a bisbarra, acolleu visitantes chegados de toda Galicia. As últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX foron as de maior relevancia, chegando a computarse ata 300 bañistas diarios que repousaban nas diferentes fondas e "casas de baño de Pontevea", chegando a funcionar ata 5 casas de baño. O manancial da burga de Xermeade figuraba nas principais publicacións sobre augas mineiro-medicinais dende mediados do século XIX, como o número 22 da Revista Médica publicado o 15 de xaneiro de 1849, aparecía recollido un artigo do ilustre químico galego Antonio Casares no que se mencionaban as sulfurosas augas da burga.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Augas termais
다른 이름 A Burga de Pontevea
지점 고도 ≈ 31 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Ramallosa, 4.6 km 거리
산티아고 순례길 Caminho da Geira e dos Arrieiros, 293 m 거리
지자체 인구 19,038 (2025) · IGE
가는 길
운영 시간 24/7
입장료 무료
전화 +34 981815700
주소 Paseo Fluvial A Burga, 15883
버스로 가기
- O CASTRO472 m 거리Pontecesures-A Estrada E.A. · Pontecesures-A Estrada E.A.
- Barco473 m 거리IES Avelina Valladares-Barco · IES Avelina Valladares-Barco
- Barco508 m 거리A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I. · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.