다리

Ponte de Pontevea

Teo · A Coruña

Ponte de Pontevea

A ponte de Pontevea cruza o río Ulla entre os concellos da Estrada (provincia de Pontevedra) e Teo (provincia da Coruña). No 2017 foi declarada Ben de Interese Cultural. == Historia == A ponte de Pontevea é un lugar onde confluían varios camiños, rutas comerciais e rutas de peregrinación. Un deles puido ser a vía romana XIX do Itinerario Antonino, entre Bracara Augusta e Lucus Augusti, aínda que non hai acordo entre os historiadores ao respecto. Polo tanto, é posible que nesta zona existise unha ponte anterior romana, pero a ponte actual é medieval, construída no século XVI e reconstruída no século XVIII. En 1809, durante a Guerra da Independencia Española, os combates arredor da ponte provocaron a perda dun dos seus arcos, que foi substituído en 1822. En 1845, o concello da Estrada encargou novas reparacións na ponte. A ponte de Pontevea foi a única travesía do Ulla nesta zona ata 1980, cando se construíu outra ponte paralela, pola que transcorre a actual estrada. En 2010, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural arranxou e consolidou a ponte, facéndoa exclusivamente peonil. == Notas ==

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처