박물관

Casa da Navegación

Baiona · Pontevedra

Casa da Navegación

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra. == Descrición == O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián O edificio, a Casa María Carvajal, que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual. De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor), aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría. == Crítica == En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Fortaleza de Monte do Boi Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande === Ligazóns externas === Museos de Galicia Xunta de Galicia. Turismo Rías baixas Arquivado 12 de xullo de 2022 en Wayback Machine. Deputación de Pontevedra. Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2013, Deputación de Pontevedra (en castelán).

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처