주교좌 성당
Igrexa de Santa María de Baiona
Baiona · Pontevedra

A excolexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII (1278) situado na vila de Baiona. Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840, ano en que volveu ser igrexa parroquial. == Descrición == Está dividida en tres naves coa súa ábsida rectangular. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. As fiestras son románicas e ten na fachada un rosetón románico. No ano 1659 fíxose a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte e en 1695 construíronse as capelas laterais. O retablo barroco foi construído entre 1726 e 1732 por Antonio del Villar. En 1841, trasladáronse ó adro varios cruceiros de distintos estilos que estaban espallados polas rúas da vila. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 56. ISBN 84-85728-62-9. Murguía, Manuel (1888). Galicia, sus monumentos y artes - su naturaleza e historia, p 754-756. Barcelona. Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) [1904]. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid: Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña). pp. 217–218. ISBN 84-934081-5-8. === Outros artigos === Capela de Santa Liberata Cruceiro da Santísima Trindade === Ligazóns externas === Colexiata de Santa María en Turgalicia.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Baionaa 231 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · A Guarda-Oia-Baiona-Nigrán-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- Baionaa 244 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · A Guarda-Oia-Baiona-Nigrán-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · A GUARDA-BAIONA
- Baiona (Porto)a 268 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.