힐포트

Castro da Pena Negra

Silleda · Pontevedra

Castro da Pena Negra

O Castro da Pena Negra é un castro situado nun lindeiro múltiple entre as parroquias de Margaride, Negreiros, O Castro, Ponte e Silleda, no concello pontevedrés de Silleda. == Descrición == Situado no Coto da Pena Negra a uns 513 msnm, estaba formado por unha croa e un antecastro, a primeira conserva restos dun foxo e dun terraplén polo norte e o segundo bordeado por unha muralla. Na actualidade atópase en mal estado debido ás activades agrícolas no seu contorno debidas á concentración parcelaria das parroquias do Castro e Ponte. Na súa parte máis alta atópase un vértice xeodésico. == Véxase tamén == === Bibliografía === Presas García, Antonio e García Porral, Xoan Carlos (2014): O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza. Faro de Vigo, 131 páxs. ISBN 978-84-616-7983-6.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처