다리

Ponte do Pozo Negro

Silleda · Pontevedra

Ponte do Pozo Negro

A ponte do Pozo Negro ou do Puzo Negro[Cómpre referencia] é unha ponte construída sobre o río Deza entre as parroquias de Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces). == Situación e descrición == Sitúase a carón do Pozo Negro, do cal toma o nome. Este pozo do Deza recibe esta denominación debido á cor escura que toma a auga do río nese lugar. Consta dunha plataforma de formigón e ferro, protexida por unha varanda tamén de ferro. Esta plataforma sostense sobre dúas paredes de parede levantadas a ambas lados do río, estando contruída a do lado de Ponte sobre un penedo. == Historia == Foi construída a comezos do século XX para canalizar o tránsito de persoas e mercadorías entre as terras do Corpiño e Carbia e as de Trasdeza, onde se viña celebrando na parroquia de Silleda unha feira os días 6 e 23 de cada mes. Así pois, o camiño que se dirixe cara esta ponte aínda conserva o nome de camiño da feira. Coa mellora das vías e medios de comunicación, esta ponte caeu en desuso en detrimento doutras próximas (A Carixa, Ponte Taboada). No ano 1993, abriuse ao tránsito a PO-205, cuxo viaduto axudou a salvar o desnivel do Deza entre Ponte e San Pedro de Losón. Na actualidade a ponte do Pozo Negro só é utilizada por troiteiros e sendeiristas. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas ===

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처