힐포트

Castro de Bemil

Brión · A Coruña

O castro de Bemil é un castro situado na parroquia de Bastavales, no concello coruñés de Brión. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado emprazado nun pequeno couto de 120 metros de altura que constitúe a parte final dunha aba montañosa con acusadas pendentes cara ao val de Bastavales. Nas vertentes de menor altitude atópase un sistema fortificado máis elevado. O castro consta dun único recinto ovalado, protexido por un parapeto que rodea a croa. As dimensións dos muros defensivos son máis acusadas pola banda este, cuns 85 metros no eixo norte-sur e uns 90 no leste-oeste. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de bens culturaisArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. PXOM de Brión. Xuño do 2003.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처