갈리시아 영주 저택
Pazo do Faramello
Ribasar · Rois · A Coruña
사진: Iago Pillado · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Ribasar (Rois, A Coruña)의 갈리시아 영주 저택, 해발 약 67 m, Caminho Português de Santiago에서 93 m.
O pazo do Faramello é un pazo barroco (século XVIII) situado na parroquia de Ribasar no concello de Rois, moi preto do Camiño portugués de Santiago e a 12 quilómetros de Padrón e Santiago de Compostela. Conta cun eido de 12,6 hectáreas onde salientan os xardíns franceses deseñados no século XIX. Está arrodeado por unha carballeira de gran biodiversidade e do lendario castro da Raíña Lupa. Emprégase actualmente como lugar de celebracións, xuntanzas, vodas etc. O seu actual propietario, Gonzalo Rivero de Aguilar, vive no pazo e acostuma servir de guía aos visitantes.
Historia e arquitectura
Trátase dun edificio de estilo barroco civil compostelán con influencias italianas que delatan a orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino. Construíuse para servir de vivenda familiar e ergueito nuns socalcos sobre o canón do río Sar a comezos do século XVIII de estilo barroco compostelán civil. É o último pazo do Camiño Portugués a Compostela. O edificio principal supera os 2100 m² e a súa orixe é industrial, xa que se fundou a partir da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos. Nas súas cabalarizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808. O pazo foi ademais residencia de verán do rei Afonso XIII e do Infante Lois de Baviera nas súas viaxes a Galiza, polo que tamén se coñece co nome local de Balmoral do Sar. A Presidencia da Xunta de Galicia solicitouno en varias ocasións para dar o discurso de Nadal do Presidente Manuel Fraga Iribarne. A capela das Neves data do ano 1727 e acolle un retablo de madeira realizado polo mestre Xosé Gambino, nado no pazo, e un dos escultores barrocos principais da catedral de Santiago de Compostela. No pazo hai dous cruceiros, un no xardín e outro a carón da capela
O pazo e a literatura
Varios autores galegos víronse fascinados polo pazo. Emilia Pardo Bazán dixo: Hai moitos pazos, mais Faramello é único; Rosalía de Castro confesou que a beleza do Faramello conxeláralle a alma; Cela dixo que o pazo é o segredo mellor gardado do Camiño que din do Apóstolo. É ademais unha das contornas principais da novela de Alejandro Pérez Lugín La casa de la Troya, de 1915.
Xardíns
O eido mide unhas 12,6 hectáreas; nel aparecen os xardíns franceses deseñados no século XIX. Ademais posúe regueiros con fervenzas, arboredos e unha carballeira de gran biodiversidade con especies salientábeis como lontras, grúas e garzas. Disque nunha poza vive unha ninfa que por veces sae da auga para contemplar a paisaxe deitada nun penedo (típica lenda galega de mouras).
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 갈리시아 영주 저택
양식 Arquitectura barroca
다른 이름 Pazo de Rivero
지점 고도 ≈ 67 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 O Milladoiro, 5.6 km 거리
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 93 m 거리
지자체 인구 4,355 (2025) · IGE
버스로 가기
- O Faramello361 m 거리Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
- O Faramello418 m 거리Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa
- Rúa de Francos561 m 거리Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.


