켈트 성채

Castro de Borneiro

Borneiro · Cabana de Bergantiños · A Coruña · 198 m

Castro de Borneiro, 켈트 성채 en Cabana de Bergantiños

사진: Hardebits · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Borneiro, Cabana de Bergantiños의 방어 취락, 해발 약 198 m, O Camiño dos Faros에서 229 m.

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como cultura castrexa. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo foi obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir que o castro estivo ocupado entre os séculos VI a.C. e o I d.C., o que o converte nun dos castros máis antigos de Galicia. Ademais o de Borneiro foi o primeiro castro galego en ser datado cientificamente co método do carbono-14. O castro de Borneiro foi descuberto por Ciriaco Pérez Bustamante e Isidro Parga Pondal en 1924 e foi suxeito de diversas campañas de escavación nas que se desenterraron 36 construcións, o que supón case as tres cuartas partes do poboado. Os achados arqueolóxicos froito destas campañas están expostos no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

시대 카스트로 문화(켈트)

종류 방어 울타리

다른 이름 A Cibdá

보호 지정 Ben de Interese Cultural

고도 198 m

가장 가까운 마을 Laxe, 5.3 km 거리

가까운 길 O Camiño dos Faros, 229 m 거리

지자체 인구 4,068 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기공식 웹사이트길찾기

이 근처