고인돌
Dolmen de Dombate
Borneiro · Cabana de Bergantiños · A Coruña

사진: Jpereira · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Borneiro, Cabana de Bergantiños의 거석 기념물, 해발 약 195 m, O Camiño dos Faros에서 104 m.
O dolmen de Dombate (catálogo da Xunta GA15014004) é un monumento megalítico situado no lugar de Dombate na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), na comarca de Bergantiños. Construíuse na primeira metade do IV milenio a. C. e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento. Este dolmen catalógase como unha tumba de corredor e é un dos conxuntos máis importantes de Galicia. Preto del atópanse outros monumentos coñecidos pola existencia de arte parietal: o dolmen de Pedra Cuberta e a Pedra da Arca. Segundo o experto Xosé María Bello Diéguez, a concentración de dolmens deste tipo na Costa da Morte puido deberse a que estaban relacionados coa riqueza cultural da zona, como na Idade Media estábano as catedrais. No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos pinos: Este dolmen é lugar de paso da ruta de sendeirismo da Costa da Morte na súa terceira etapa do camiño dos Faros.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
시대 선사
종류 거석 구조물
이름의 유래 Dombate
보호 지정 Ben de Interese Cultural
지점 고도 ≈ 195 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Laxe, 4.6 km 거리
가까운 길 O Camiño dos Faros, 104 m 거리
지자체 인구 4,068 (2025) · IGE
가는 길
주소 Dombate, Borneiro, 15119, Cabana de Bergantiños